O día 28 de novembro Campus do Mar presenta o proxecto AQUADAPT – Plan de Adaptación del sector de la acuicultura marina española al cambio climático

aquadapt logo web

O día 28 de novembro terá lugar a Xornada de presentación do Proxecto AQUADAPT Plan de Adaptación do sector da acuicultura mariña española ao cambio climático. O proxecto, liderado por Campus do Mar e financiado pola Fundación Biodiversidade, ten como principal fin contribuír á adaptación do sector da acuicultura mariña española para os efectos do cambio climático, mediante a elaboración dun Plan de adaptación ao Cambio Climático para a acuicultura mariña no horizonte 2050, que servirá de ferramenta de apoio á planificación e xestión. AQUADAPT conta coa participación de científicos da Universidade de Vigo, a Universidade de Santiago de Compostela, así como coa colaboración do Clúster da Acuicultura de Galicia (CETGA) e o Centro Tecnolóxico da Acuicultura de Andalucía (CTAQUA).

O evento, que terá lugar na Sala 1 do Edificio Miralles (Campus Universitario de Vigo) ás 9.30 h, incluirá, ademais da presentación do proxecto, unha mesa redonda onde varios expertos debaterán achega do cambio climático e a acuicultura, coincidindo coa semana de celebración do “Día Nacional da Acuicultura”.

Pode descargar a axenda do evento na seguinte ligazón: Axenda

Se desexa inscribirse na xornada, rogamos remita un electrónico cos seus datos de contacto (nome, empresa, cargo e teléfono/email) a: aquadapt@campusdomar.es