O xoves día 2 de novembro ás 11:00 h continuamos coa VII edición do Programa Café con Sal. Begoña Araujo, doutora en Ciencias do Mar pola Facultade de Vigo, nos presentará os resultados máis importantes da súa tese doutoral coa charla titulada “Importance of sandy beaches in the recycling of organic matter”.
Ante un escenario de cambio global é necesario obter as ferramentas necesarias para paliar os efectos que este poida provocar na costa. Por iso, é fundamental coñecer o funcionamento do ecosistema costeiro como interfase entre o mar e a terra para poder xestionar os recursos costeiros e poder gozar destas zonas de forma sustentable.
Neste contexto, Begoña Araujo, dirixida por Mariano Lastra e Jesús López, investigadores do grupo de Ecoloxía Costeira do Centro de Investigacións Mariñas da Universidade de Vigo, desenvolveu a súa tese doutoral, co obxectivo principal de informar e achegar novos datos sobre a importancia das praias arenosas polo seu papel como grandes sistemas dixestivos da materia orgánica e obter información acerca dos principais factores físicos, ambientais e biolóxicos que afectan o seu metabolismo.
Durante a conferencia, a poñente dará a coñecer a importancia do papel ecolóxico das praias arenosas, e presentará os resultados e conclusións máis importantes sobre o papel dos varamentos de macroalgas no metabolismo do ecosistema (fluxo de CO2, subministro de nutrientes, etc.), tanto na auga intersticial como nos sedimentos intermareais, o papel funcional dos consumidores macrofaunales e os principais factores que afectan á velocidade de degradación.
A conferencia terá lugar no salón de actos da Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo ás 11:00h e será retransmitido en directo en http://tv.uvigo.es/es/directo/1.html e posteriormente dispoñible nas nosas páxinas web e redes sociais.
https://tv.campusdomar.es/
https://tv.uvigo.es/
https://ecimat.uvigo.es/gl/ciclo-conferencias-cafe-con-sal.html
Cartel da presentación de Begoña Araujo.