Entre os días 26 e 27 de outubro a Universidade de Vigo acollerá o “I International Symposium on Advances in Marine Mussel Research” (AMMR2016). Este simposio pretende abordar os últimos avances realizados na investigación de diferentes especies de mitílidos desde unha perspectiva multidisciplinar que abarca, entre outros, os campos da xenómica, proteómica, inmunoloxía, fisioloxía, ecoloxía e acuicultura. O mexilón reperesenta un excelente modelo de estudo en bioloxía evolutiva, ecoloxía, ecotoxicología, cambio climático, etc. e constitúen un grupo crave en acuicultura, pois é comercializados a nivel mundial.
O mércores 26 o programa incluirá 7 charlas dos ponentes invitados e 5 comunicacións curtas, previamente seleccionadas entre os abstracts enviados polos participantes. O programa finalizará cunha sesión de pósteres. O xoves 27 realizarase unha excursión en ferry ás Illas Cíes con aqueles participantes que o desexen, esta actividade é opcional. A inscrición é GRATUÍTA e inclúe os coffee breaks. A visita a Cíes é opcional e ten un custo de 20€. A data límite para as inscricións é o 20 de outubro. Para realizar a inscrición ou máis información sobre o simposio consulte a seguinte páxina web http://advmusselres16.webs.uvigo.es/home.html
Ponentes invitados:
Nicolas BIERNE, Université de Montpellier (Francia)
Carlos CANCHAYA, Universidade de Vigo (España)
Ibon CANCIO, Universitdad do País Vasco (España)
Antonio FIGUERAS, IIM CSIC (España)
Beatriz NOVOA, IIM CSIC (España)
David SKIBINSKI, Swansea University (UK)
Antonio VILLALBA, CIMA – Xunta de Galicia (España)
Organizadores:
Ángel Pérez Diz, Juan Galindo, Armando Caballero y Antonio Villanueva