“Regulación de factores de virulencia polo sistema de quorum sensing AsaI/R en Aeromonas salmonicida subsp. salmonicida”, 20 de Outubro na ECIMAT

Cafe Leti

O vindeiro xoves día 20 de outubro ás 11:00 h retomamos a VI edición do Programa Café con Sal. Nesta ocasión será Leticia Rivera, doutora pola Universidade de Vigo, quen nos presentará parte dos resultados da súa tese doutoral coa charla titulada “Regulación de factores de virulencia polo sistema de quorum sensing AsaI/R en Aeromonas salmonicida subsp. salmonicida“.

A tese doutoral de Leticia Rivera, codirixida por Mª Teresa Pérez e Rosa Farto, centrouse en determinar se o sistema de QS AsaI/R podería estar implicado na regulación de factores de virulencia, o grao de virulencia e a capacidade de producir infección en rodaballo. O obxectivo xeral foi estudar se o sistema de QS pode influír sobre o comportamento virulento de Aeromonas salmonicida subsp. salmonicida.

Durante esta conferencia Leticia describirá as distintas metodoloxías e ferramentas empregadas para abordar o obxectivo do traballo, que foron principalmente a mutación e a cuantificación da expresión xénica mediante qPCR, así como os resultados obtidos, que achegaron información relevante sobre o sistema de QS nesta bacteria.

Para máis información visite o noso blog.

Ver programa completo do Programa de Presentacións Científicas Café con Sal.

Ver cartel da presentación de Leticia Rivera.

Esperámosvos na ECIMAT.