Matrícula aberta para a 8ª edición do curso “Xestión de explotacións acuícolas”, 17 – 23 de xuño na ECIMAT

invacuic 2015

Entre os días 17 e 23 de xuño terá lugar na ECIMAT a 8ª edición do curso de extesión universitaria “Xestión de Explotacións Acuícolas“. O curso será impartido por 12 ponentes especialistas en acuicultura e xestión empresarial e constará de 8 seminarios e 3 saídas ao campo. Os obxectivos do curso son os seguintes:

  • Coñecer as ameazas e as oportunidades que o entorno depara para a actividade acuícola.
  • Identificar as fortalezas e as debilidades das actuais explotacións acuícolas.
  • Identificar os elementos crave que determinarán o futuro do sector.
  • Deseñar estratexias competitivas adecuadas para o sector.
  • Coñecer o proceso de posta en marcha dunha actividade acuícola.
  • Coñecer e saber utilizar ferramentas para análises de viabilidade de explotacións acuícolas.
  • Saber definir estratexias de márketing para a creación de valor nos produtos acuícolas.
  • Coñecer o proceso de cultivo de diversas especies tanto de peces como de moluscos bivalvos.
  • Coñecer todo o relacionado co cultivo de especies de peixes comerciais en Galicia.
  • Manexar software de xestión da produción acuícola (SmartWater)

A matrícula está aberta ata o día 16 de xuño. Número de prazas limitadas (35)

Para obter máis información prema aquí.