Esta semana a ECIMAT acolle o “2º Curso Reef Life Survey Spain” organizado polo Thebiteslab, www.thebiteslab.com e dirixido por Mikel Becerro, Investigador de la Estación de Estudios Avanzados de Blanes do CSIC, coa colaboración da Área de Medio Mariño da ECIMAT- Universidade de Vigo, Buceo Atlantis e o Parque Nacional de Illa Atlánticas.
O obxectivo do curso é formar 9 mergulladores voluntarios acreditados na metodoloxía RSL para a realización de censos de organismos bentónicos que habitan nos fondos rochosos de España, utilizando a metodoloxía internacionalmente utilizada pola rede de estudos de biodiversidade Reef life Survey, www.reeflifesurvey.com. Trátase dunha metodoloxía de mostraxe de fondos rochosos superficiais non intrusiva mediante o emprego de técnicas fotográficas usando equipos de mergullo autónomo.
As inmersións estanse a realizar en 5 zonas de fondos rochosos da Ría de Vigo ubicados entre 7 a 10 m de profundidade, entre os cales destacan os fondos das Illas Cíes. A toma de mostras realizase dende o KRAKEN, embarcación da ECIMAT, e ATLANTIS, a embarcación da empresa de mergullo Atlantis. Unha vez en terra, os participantes realizan na ECIMAT o procesado e análise das mostraxes diarias.