Aprendendo a diagnosticar enfermidades de peixes

DSCN0673

Representantes das principais empresas de acuicultura reúnense esta semana na ECIMAT para participar na VIII edición do Curso de Diagnóstico Patolóxico de Peixes. Esta edición, organizada pola Fundación FEUGA en colaboración coa ECIMAT-Universidade de Vigo, o Servei de Diagnòstic Patologic de Peixos de la Universitat Autònoma de Barcelona e a empresa Skretting España SA, ten como principal obxetivo ofrecer aos asistentes unha visión xeral, ao mesmo tempo que pormenorizada e integrativa, das principais ferramentas diagnósticas dispoñibles na identificación e valoración de problemas relacionados coa saude dos peixes.

A través das charlas, debates e prácticas, os participantes (profesionais de ictiopatoloxía ou xestión sanitaria en peixes) están a profundizar nas principais técnicas de diagnóstico, co fin de coñecer e seleccionar as mais axeitadas para o seus campos de traballo, obtendo ademais os coñecementos necesarios para a súa aplicación e interpretación.  O curso está baseado na interación entre asistentes e docentes, de tal modo que todos eles colaboran e  traballan en equipo realizando emulacións de casos clínicos basados en casos reais de diferente grado de dificultade e complexidade. 

O curso está resultando moi exitoso debido a alta calidade dos ponentes e ao alto contido práctico e aplicado do curso.

Para mais información visite a páxina web cdpp.myhappyfish.com

DSCN0657  DSCN0663-001  DSCN0671