Radar de alta frecuencia ou Radar HF, é unha tecnoloxía que nos permite coñecer en tempo real a corrente superficial (de 0,5 a 2 m de profundidade) no mar.
A frecuencia empregada é de 46 MHz, e ubicouse un radar nas instalacións da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT) e outro no Faro de Punta Subrido, dependente da Autoridade Portuaria de Vigo. Esta configuración permite unha resolución de ata 190 m e un alcance de 10 km, cubrindo así o terzo exterior da Ría.
Os datos recollidos en tempo real, así como os dos últimos 15 días, poden consultarse no visor público da páxina:
http://cuvi.portus.qrms.net/portus/PortusMini.html
Para máis información:
http://oceanoecimat.wordpress.com/2014/03/14/deteccion-de-correntes-en-tempo-real-na-ria-de-vigo-o-hf-radar/