Día da Acuicultura 2013

dia-acuic

 

O vindeiro 29 de novembro, con motivo da celebración do Día da Acuicultura, o Centro Oceanográfico de Vigo (Instituto Español de Oceanografía) e a Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT – Universidade de Vigo) da Universidade de Vigo e o Campus do Mar, organizan unha serie de conferencias sobre “Diversificación de especies na piscicultura mariña en Galicia”. Estas conferencias están dirixidas a profesionales do sector acuícola, investigadores, técnicos en acuicultura e estudantes.

A actividade enmárcanse dentro da iniciativa “Día de la Acuicultura” promovida pola Fundación Observatorio Nacional de la Acuicultura, cuxo obxectivo é o de trasladar á sociedade a importancia da Acuicultura no noso país e o compromiso desta co desenvolvemento sustentable, a I+D+i e a creación de riqueza e benestar nas zonas rurais e no litoral.

Pódese descargar o programa das conferencias no seguinte vínculo:
Programa “Día da Acuicultura”

 

 

ieo-tny ecm-uvigo-89 CampusdoMar