A persoa candidata seleccionada realizará unha tese doutoral no programa de Doutoramento de Ciencia, Tecnoloxía e Xestión do Mar, no grupo de Oceanografía Biolóxica da Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo. Valorarase licenciatura ou grado en CC do Mar, Química, Bioloxía, Física ou equivalentes, bo expediente académico, bo nivel de inglés e coñecementos de programación. Podrán ser solicitantes todas aquelas persoas que se atopen en disposición de estar matriculadas ou admitidas nun programa de doutorado, no momento da formalización do contrato.
O título do proxecto é: “El papel de la turbulencia y la dinámica del suministro de nutrientes en la estructura de las comunidades de fitoplancton marino (CHAOS)” e o prazo de presentación de solicitudes é do 26 de agosto ó 10 de setembro de 2013.
Para máis información prema aquí ou contacte con:
Beatriz Mouriño
Tel 986818759
bmourino@uvigo.es