De cara a dar maior visibilidade ás actividades levadas a cabo polos investigadores mariños da Universidade de Vigo e aos servizos que presta a ECIMAT a toda a comunidade investigadora no ámbito mariño, a ECIMAT ven de incorporarse á rede de infraestruturas do proxecto europeo AQUAEXCEL.
AQUAEXCEL pon a disposición da comunidade investigadora en acuicultura, unha plataforma de infraestruturas de investigación de vangarda integradas a nivel Europeo. A plataforma engloba un amplo rango de sistemas de produción incluindo recirculación, circuito aberto, criadeiros, gaiolas e estanques en terra. A investigación levada a cabo abrangue diferentes especies coma róbalo, dourada, salmon, bacallao, troita, carpa, rodaballo, linguado, merluza, carpa común e outras. Están representados ambientes de augas doces, marinas, frías e templadas, así coma instalacións a pequena, media e escala industrial.
Os principais obxectivos son:
– Prover acceso a instalacións de investigación en acuicultura de vangarda a equipos de investigadores que de outra forma non terían acceso ás mesmas.
– Coordinación das principais infraestruturas de investigación acuícola en Europa, sentando as bases para futuros proxectos conxuntos.
– Creación dunha base de datos en liña das principais infraestruturas de investigación acuícola, instalacións e servizos.
– Armonización e estandarización de recursos entre socios, principalmente, ainda que non unicamente, para métodos experimentais desenvolvidos en cada instalación.
– Actividades de transferencia de coñecemento, coma a formación de técnicos e investigadores xoves nos derradeiros avances en investigación acuícola.
Máis información en www.aquaexcel.eu