O pasado xoves día 13 de decembro celebrouse a derradeira charla do IV ciclo de conferencias “Café con Sal” no salón de actos da ECIMAT. Alba Hernández (Ecoloxía Mariña, Universidade de Vigo) presentou os seus resultados sobre o estudio do ciclo gonadal e o crecemento da navalla en distintos bancos da Ría de Pontevedra e as súas aplicacións sobre a xestión deste recurso. Para finalizar e dacordo coa temática da charla todos os asistentes poideron disfrutar dunha degustación de navallas da Ría.
Debido ao éxito obtido en todas as presentación científicas a ECIMAT agracede a tódolos participantes a súa asistencia e convídavos a participar e asistir a próximos ciclos no ano 2013.