XIV Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas

forogrove_presentacion

Entre os días 6 e 7 de outubro do 2011 celebrouse no Grove, Galicia, o XIV Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas. Como cada ano, investigadores, empresarios, institucións e estudantes déronse cita para coñecer o estado da arte dos recursos mariños e da acuicultura en Galicia e en España así como os últimos avances nestes campos coa intención non só de obter unha radiografía do sector, senón tamén de compartir experiencias e debater sobre estas cuestións. Dende a dinamización de unidades de investigación ata a acuicultura como instrumento de cooperación ao desenvolvemento, durante este encontro fóronse debuxando moitos e variados temas, abordando, entre outros, a I+D+i, a etiquetaxe, a problemática asociada á comercialización, a sostibilidade ambiental, a pegada de carbono na acuicultura, ou as novas especies de produción acuícola.

A ECIMAT presentou o seguinte traballo en formato poster:

  • Eficacia de dos productos comerciales en la reducción de la carga bacteriana de Metanauplios de Artemia enriquecidos.L.Rivera, D. Costas, A.G. Villanueva, A. Casal, N. Costoya. Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT), Universidade de Vigo, Isla de Toralla s/n, 36331 Vigo. email: leticia.rivera@uvigo.es 

 forogrove_asistentes_2