O grupo de investigación de Ecoloxía costeira (EZ1) do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal e o grupo de Xeotecnoloxías Aplicadas do Departamento de Enxeñería dos Recursos Naturais e Medio Ambiente, ofrece o seguintes contrato dentro do proxecto: “Mejora de la gestión, seguimiento y mantenimiento de la biodiversidad en áreas marinas protegidas mediante técnicas geoespaciales automatizadas de bajo coste para la monitorización y cartografiado de hábitats intermareales (ALGANAT2000)”, coa colaboración da Fundación Biodiversidade, do Ministerio para a Transición Ecolóxica, a través do Programa PLEAMAR, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).
Perfil técnico
- Experiencia no deseño e implementación de experimentos de campo e de laboratorio na área de ecoloxía mariña ou ecoloxía.
- Xestión de diferentes bases de datos e análises de datos.
- Publicación de resultados en revistas científicas.
- Coñecementos de GIS e modelado xeoespacial.
Requisitos
- Posuír un título de doutor en Ciencias ou equivalente.
- Experiencia en xestión de proxectos de investigación.
- Criterios de avaliación
- Curriculum vitae.
- Experiencia en investigación.
- Habilidades específicas.
Os candidatos mellor valorados realizarán unha entrevista.
Condicións do contrato
- Relación laboral: Contrato de investigación.
- Duración: 11 meses
- Data prevista de incorporación: 01/03/2019.
- Xornada laboral: Completa.
- Lugar de traballo: Facultade de Ciencias do Mar, Campus da Universidade de Vigo.
- Salario mensual bruto: ao redor de 1800 €.
Os candidatos deben enviar CV (en formato pdf) e unha carta de presentación á investigadora Celia Olabarria (colabarria@uvigo.es), data límite: 20 de xaneiro de 2019.
Resolución
Resolución contrato postdoctoral Grupo Ecoloxía Costeira (PDF, 137 KB)