Partindo da  experiencia das diferentes áreas de traballo da ECIMAT (cultivo de organismos mariños, acceso aos ecosistemas mariños, procesado e análise de mostras,etc.) e da existencia dun taller e dun servizo de bricolaxe, o persoal da Estación asesora e axuda en todas aquelas actividades paralelas aos proxectos de investigación.

Os principais servizos de apoio son o asesoramento no cultivo de organismos mariños, o deseño experimental ou o deseño e desenvolvemento de instalacións ou material de mostraxe. Este servizo de carácter transversal está sempre aberto ás suxestións dos usuarios.

Para consultar a posibilidade de recibir apoio en calquera outra actividade de investigación poñerse en contacto con Antonio Villanueva.