Ricardo Beiras, Director da Estación das Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT), presentou a xornada e animou aos asistentes a continuar traballando conxuntamente, xa que a investigación e a innovación representan os principais camiños de cara a sair da delicada situación económica que estamos a vivir.
Gidon Minkoff, Teleostei Hatchery Consulting afondou na zootécnia, situación actual e problemas do cultivo de Bacallau e Pescada.
Xose Benito Peleteiro (Área de acuicultura, Centro Oceanográfico de Vigo, IEO) expuxo novidosos resultados do cultivo da Cherna que a sitúan como unha especie cun gran futuro para a acuicultura galega.
Finalmente, tocoulle a quenda a Bernardo Fernández, profesor e investigador do instituto Galego de formación en acuicultura (IGaFA) que fálounos sobre o cultivo do Abadexo e, especie que presenta calidades axeitadas para a súa produción en acuicultura pero que non se está a producir.
Valentín Trujillo Gorbea, Director do Centro Oceanográfico de Vigo, do IEO (Instituto Español de Oceanografía) pechou á xornada resaltando a importancia deste tipo de actos de divulgación científica para conectar coa sociedade, unha faceta que moitas veces non se cuida todo o que se debería.
Agradecer a todos, a participación nesta xornada festiva.
Pódese descargar o programa das conferencias no seguinte vínculo:
Pulsando nos seguintes enlaces pódense descargar as presentacións:
– Cold water marine fish hatcheries: production procedures for Cod and Hake
– Cultivo de abadexo. Unha oportunidade perdida?
E pulsando aquí pódense ver as videoconferencias gravadas por Campus do Mar