O grupo de investigación en Xenómica Comparativa do Centro de Investigación Mariña (CIM-UVigo) busca un candidato ou candidata para realizar unha tese de doutoramento baixo a dirección do profesor Carlos Canchaya da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo. O tema central da tese será a caracterización e análise de microbiomas en bivalvos mariños.
Búscanse candidatos ou canidatas que posteriormente poidan solicitar axudas predoutorais dispoñibles a inicios de 2023. Os candidatos ou candidatas deberán ter estudos de grado/licenciatura en Bioloxía, Ciencias do Mar ou carreras afíns e cumprir os requisitos para pedir axudas predoutorais da Xunta de Galicia ou outras axudas similares. O prazo para a presentación de candidaturas remata o 10 de marzo.
As persoas interesadas poden contactar para maior información con:
Carlos A. Canchaya, PhD
Associate Professor
Department of Biochemistry, Genetics and Immunology
Faculty of Biology
Campus Universitario
University of Vigo
36310 Vigo
Spain
http://canchaya.webs.uvigo.es/canchaya.html
email: canchaya@uvigo.es
Tel: +34 986 130048