Investigador/a para estudo histolóxico de paralarvas de polbo

Denominación do proxecto ou actividade: Programa de Ciencias Mariñas-Galicia

Investigador principal: Francisco Javier Rocha Valdés

Referencia: Ciencias Mariñas-FEMP FEMPA

Departamento C04 Ecoloxía e bioloxía animal

CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS

Tipo de contrato: Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses)

Número de prazas: 1

Traballo a realizar: Estudo histolóxico de paralarvas de polbo

Funcións a realizar: Preparación de mostras, realización de cortes e tinción de preparacións histolóxicas de
paralarvas de polbo. Estudo de mostras e interpretación de resultados.

Retribución bruta mensual: 1.221,75 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Data de inicio prevista: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma

Xornada laboral: 20 horas/semana

Categoría laboral: Investigador modalidade B (Titulación Universitaria Superior)

Centro de traballo: Facultade de Ciencias do Mar do Campus de Vigo

Duración do contrato: 6 meses

REQUISITOS E MÉRITOS DOS CANDIDATOS/AS

Titulación requirida: Licenciado ou graduado en Bioloxía, Ciencias do Mar e áreas afíns.

Méritos a valorar:

  • Formación académica e experiencia profesional en universidades, institucións e empresas. Valorarase a formación en histoloxía e técnicas de laboratorio. Tamén se o adestramento é específico de cefalópodos.
  • Experiencia en preparación e análise de mostras histolóxicas. Valoraranse especialmente os estudos en cefalópodos.
  • Experiencia demostrada no estudo de cefalópodos. Valoraranse especialmente os estudos con paralarvas de polbo.
  • Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente con aqueles candidatos que, na suma dos seus méritos, acaden un mínimo de 50 puntos.

Máis información (referencia 0324-125709)