Investigador/a modalidade B (Titulación Universitaria Superior). Acuicultura

REFERENCIA DA OFERTA 1623-116360

Denominación do proxecto ou actividade Contrato indefinido vinculado á liña de investigación

Investigador principal Jesús Manuel Míguez Miramontes

Liña de investigación Bases fisiolóxicas do benestar en peixes

Departamento C01 Bioloxía funcional e ciencias da saúde

CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS

Tipo de contrato Contrato de actividades científico-técnicas (art 23bis Lei da Ciencia).

Duración indefinida

Número de prazas 1

Traballo a realizar Apoio as actividades de investigación do proxecto

Funcións a realizar  En colaboración co responsable do grupo de investigación, o/a candidato/a levará a cabo as seguintes funcións principais:

a) Implementación de metodoloxías electrofisiolóxicas e telemétricas en peixes planos,

b) Realización de rexistros ECG e EEG;

c) recollida e análise de datos de biosensores;

d) análises de laboratorio;

e) tratamento de datos e colaboración na elaboración de informes.

Retribución bruta mensual 1.800,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Data de inicio prevista A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma

Xornada laboral Tempo completo (37.5 h/semana)

Categoría laboral Investigador/a modalidade B (Titulación Universitaria Superior)

Centro de traballo FACULTADE DE BIOLOXIA DE VIGO

Duración do contrato indefinida

REQUISITOS E MÉRITOS DOS CANDIDATOS/AS

TITULACIÓN REQUIRIDA Grao en Bioloxía (ou afín) e Máster en acuicultura

MÉRITOS A VALORAR
1. Méritos xerais: formación académica e experiencia acreditada en actividades relacionadas coas funcións da praza.
2. Méritos específicos: Acreditación para experimentación con animais acuáticos, funcións a, b, c, d (imprescindible). Experiencia en rexistros sensoriais en peixes e no uso de biosensores implantables. Experiencia en mostraxes en rodaballo e técnicas de cuantificación de neurotransmisorres e outras metodoloxías analíticas (HPLC, ELISA, qPCR).
3. Entrevista persoal (3 candidatos máximo)

Máis información