Denominación do proxecto ou actividade: De residuo a recurso: avaliando o potencial de biorremediación das larvas de insecto para a mellora da fertilidade do solo e o desenvolvemento do cultivo.
Investigadora principal: María Gómez Brandón
Departamento: C04 Ecoloxía e bioloxía animal
CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS
Tipo de contrato: Contrato de duración determinada vinculado a programas financiados con Fondos Europeos, adicional 5ª RD32/2021 de 28/12
Número de prazas: 1
Traballo a realizar: Montaxe experimental, recollida de mostras e traballo analítico en laboratorio.
Funcións a realizar: Montaxe de experimentos con larvas de insecto; mostraxe en sistemas agrícolas; análise de parámetros físico-químicos e biolóxicos de mostras ambientais; tratamento de datos e
elaboración de informes; divulgación de resultados.
Retribución bruta mensual: 1.200,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Data de inicio prevista: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma
Xornada laboral: 25 horas/semana
Categoría laboral: Investigador/a modalidade B (Titulación Universitaria Superior)
Centro de traballo: FACULTADE DE BIOLOXIA DE VIGO
Duración do contrato: 17 meses
REQUISITOS E MÉRITOS DOS/AS CANDIDATOS/AS
Titulación requirida: Grao en Bioloxía, grao en ciencias ambientais e afíns.
Méritos a valorar:
– Mérito xeral: Grao en Bioloxía.
– Experiencia en campañas de mostraxe en ecosistemas terrestres e en traballo analítico de laboratorio para a caracterización física, química, biolóxica e molecular de mostras ambientais.
– Participación en proxectos de investigación, e experiencia na divulgación de resultados a través de artigos científicos ou outros medios de difusión
– Coñecemento do idioma inglés
– Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente a/aos 3 candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos.