Contrato de apoio á investigación no grupo de Oceanografía Biolóxica – proxecto TRIATLAS

Ofrécese un contrato de apoio á investigación no marco do proxecto europeo Tropical and South Atlantic climate- based marine ecosystem predictions for sustainable management (TRIATLAS), do programa H2020, para traballar no Grupo de Oceanografía Biolóxica do CIM-UVigo.

  • Condicións do contrato
    • Dedicación: Tempo completo.
    • Duración: 6 meses, prorrogable ata o final do proxecto (31 maio 2023).
    • Data de incorporación (orientativa): decembro de 2019.
    • Retribución bruta mensual: 1.800 € (inclúe prorrateo de pagas extras).
    • Lugar de traballo: Facultade de Ciencias do Mar, Campus de Vigo.
  • Tarefas a desenvolver
    • Análise de bases de datos de abundancia, diversidade e produtividade do fitoplancto mariño.
    • Determinación da abundancia, diversidade e actividade metabólica do fitoplancto mediante diferentes técnicas como fluorometría, citometría de fluxo, microscopía, captación de 13 C e 15 N, e evolución de O2.
    • Realización de experimentos con poboacións e comunidades de plancto microbiano.
    • Participación en campañas oceanográficas.
    • Mantemento e seguimento de cultivos de fitoplancto (en semicontinuo e quimiostatos).
    • Apoio en tarefas administrativas e de xestión.
  • Requisitos
    • Graduado/a ou Licenciado/a en Ciencias do Mar, Bioloxía, Ciencias Ambientais ou titulacións afíns.
    • Experiencia demostrable nas tarefas a realizar.
  • Proceso de selección

As persoas interesadas deben enviar antes do 4 de novembro de 2019 o seu expediente académico e o seu CV, xunto cos nomes de 2 persoas que poidan achegar referencias, a Emilio Marañón (em@uvigo.es), investigador principal de TRIATLAS en UVIGO. A comisión de selección, que estará formada por investigadores do proxecto, valorará os méritos presentados e realizará unha entrevista ás persoas preseleccionadas. Completado o proceso de selección, notificarase o resultado aos/ás solicitantes mediante correo electrónico.