O grupo de investigación de Ecoloxía costeira (EZ1) do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal (http://ecocost.webs.uvigo.es) e o grupo de Geotecnoloxías Aplicadas (http://geotech.webs.uvigo.es/) do Departamento de Enxeñería dos Recursos Naturais e Medio Ambiente, ofrece un contrato de Informático dentro do proxecto: “Mejora de la gestión, seguimiento y mantenimiento de la biodiversidad en áreas marinas protegidas mediante técnicas geoespaciales automatizadas de bajo coste para la monitorización y cartografiado de hábitats intermareales (ALGANAT2000)”, coa colaboración da Fundación Biodiversidade, do Ministerio para a Transición Ecolóxica, a través do Programa PLEAMAR, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).
Perfil técnico
- Desenvolvemento de software xeoespacial.
- Sistemas de Información xeográfica.
- Bases de Datos espaciais
Condicións do contrato
- Relación laboral: Contrato de investigación.
- Duración: 11 meses, prorrogable.
- Data prevista de incorporación: 01/02/2019.
- Xornada laboral: Completa.
- Lugar de traballo: Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía, Campus da Universidade de Vigo.
- Salario mensual bruto: En función da valía do candidato.
Os candidatos deben enviar CV (en formato pdf) e unha carta de presentación a Higinio González (higiniog@uvigo.es).
Data límite: 20 xaneiro 2019.