Xornada de traballo sobre oportunidades de colaboración nacional entre Infraestruturas Europeas de Investigación

Persoal investigador do CIM organiza e participa neste evento que reunirá a representantes españois de diversas Infraestruturas Europeas de Investigación nos ámbitos da Alimentación, Medio Ambiente e Saúde, co obxectivo de fortalecer a colaboración nacional e xerar sinerxías estratéxicas.

Temáticas clave:

  • One Health, One Climate: Innovación colaborativa para un impacto sostible.
  • Novas tecnoloxías en imaxe e ómicas: Avances e sinerxías en investigación biomédica e ambiental.
  • Data FAIRification: Estratexias para a xestión e estandarización de datos científicos.

Obxectivo: Crear un foro que facilite a colaboración a nivel nacional, promovendo a sustentabilidade e o impacto das infraestruturas de investigación en España.