Somos CIM

Convidámoste a participar nun novo “Somos CIM”, un almorzo informativo pensado para o persoal investigador que se incorporou ao centro en 2023 e 2024. Queremos compartir contigo todo o que o CIM pode ofrecer, coñecer o teu traballo e crear un espazo para que conectes con outros compañeiros e compañeiras, fomentando a colaboración multidisciplinar.

Detalles do evento:

– Data: Venres 24 de xaneiro de 2025

– Hora: 9:30 h

– Duración: 1 hora e media aprox.

– Formato: Almorzo informativo

– Lugar: CITEXVI

Este encontro será unha excelente oportunidade para coñecer máis sobre o CIM e fortalecer a nosa comunidade investigadora.