Is Codium fragile spp fragile an invasive species along NW Spain?

As invasións biolóxicas e o cambio climático constitúen unha das principais ameazas para a biodiversidade. Nun escenario de cambio climático, as especies nativas teñen maior dificultade para adaptarse ás novas condicións ambientais, mentres que as especies invasoras adáptanse con maior facilidade. No caso da especie C. fragile (especie invasora), o aumento da temperatura aumenta a súa capacidade de desenvolvemento e mellora a súa capacidade para competir. Ao ser unha especie críptica, é dicir, morfológicamente igual á súa conxénere nativa, C. tomentosum, pasa desapercibida nos ecosistemas durante longos períodos de tempo. A pesar de que C. fragile está catalogada como especie invasora, nas nosas costas coexiste con C. tomentosum, descoñecéndose aínda a súa capacidade invasora.

Ante este escenario, Ana García, dirixida por Rosa María Vello García e Brezo Martínez Díaz-Caneja (URJC), está a desenvolver a súa tese doutoral (Factores determinantes das contraccións e expansións na distribución de especies fundadoras costeiras: mellorando as predicións en escenarios de cambio climático) co obxectivo principal de determinar os factores bióticos e físicos que determinan os rangos de distribución dunha especie en contracción (Fucus serratus) e outra en expansión (Codium fragile) co fin de mellorar as predicións da distribución das especies nun escenario de cambio climático.

O xoves día 20 de abril Ana García, doutoranda da Universidade Rey Don Juan Carlos (URJC) presentou parte dos resultados da súa tese coa charla titulada “Is Codium fragile spp fragile an invasive species along NW Spain?“. Durante esta conferencia Ana presentou os resultados de varios experimentos desenvolvidos na ECIMAT baixo a dirección de Celia Olabarria (grupo de Ecoloxía Costeira) centrados no estudo das dinámicas poboacionais das dúas especies de Codium ao longo da costa noroeste peninsular e o estudo do proceso de competencia entre ambas.

  • Videoconferencia (non dispoñible)