Inauguración da VII Edición do programa Café con Sal: “Documental Mareas Vermellas”

O xoves 19 de xaneiro deu comezo a VII edición do ciclo de conferencias científicas “Café con Sal”, constituido por un total de 14 ponencias distribuídas ao longo do ano 2017.

O encargado da apertura da VII edición foi Francisco Rodríguez, investigador do Instituto Oceanográfico de Vigo, quen presentou o documental “Mareas vermellas“, dirixido por Manuel E. García Branco (IIM-CSIC) e por Jorge Hernández Urcera (IEO). Este documental mostra a relación existente entre as condicións oceanográficas e a dinámica fitoplanctónica responsable da presenza de biotoxinas nas rías, así como o papel da comunidade científica na investigación de sistemas fiables de detección e de métodos de análises exhaustivas que consigan a prevención ou detección temperá destes episodios tóxicos. No documental os autores describen este complexo fenómeno oceanográfico que ten cada vez maior relevancia debido ao cambio climático, destacando o potencial investigador que existe en Galicia sobre este tema.

  • Videoconferencia: