Foros Rexionais de Innovación (IRS) do proxecto Marinnonet

O proxecto Marinnonet, liderado polo CIM, celebra a primeira serie de Foros Rexionais de Innovación (IRS) en España (online) o vindeiro venres 26 de abril. Nesta primeira sesión proporcionarase unha visión xeral do proxecto, os seus obxectivos e actividades. Ademais, crearase un entorno dinámico para presentar futuros obradoiros.

Os asistentes poderán afondar en cuestións de interese para a iniciativa como innovacións para unha acuicultura eficiente, sostible e resiliente; tecnoloxías de observación para preservar a biodiversidade mariña e restaurar a saúde dos nosos océanos; e produtos derivados do mar para aplicacións industriais. Tamén se informará sobre próximas accións do proxecto como obradorios, proxectos piloto e desenvolvemento de plans de acción.

A axenda da xornada sería a seguinte:

  • 9.00 – 9.15 h. Benvida
  • 9.15 – 9.35 h. Introdución do Proxecto Marinnonet
  • 9.35 – 10.00 h. Actividades e tarefas do proxecto
  • 10.00 – 10.15 h. Pausa
  • 10.15 – 10.35 h. Introdución das Prioridades Temáticas (Plataformas biotecnolóxicas x3)
  • 10.35 – 11.00 h. Futuros Obradoiros de Innovación en Biotecnoloxía Azul (B2I)

Nesta ligazón pódese realizar o rexistro.