Energetic use of algae

A escaseza de recursos enerxéticos, a dependencia externa e a inestabilidade xeopolítica das zonas de produción de petróleo levaron a moitos países, incluídos os europeos, a incrementar os recursos dedicados á procura de novas fontes de enerxía, entre elas as renovables. Unha destas fontes de combustible alternativas son as algas, en especial as microalgas, que converten a luz solar en enerxía almacenándoa en forma de aceite e outras substancias de alto valor económico. Así, a partir do aceite das algas sintetízase biodiesel mentres que partir dos hidrato de carbono prodúcese bioetanol. O cultivo de microalgas presenta múltiple vantaxes fronte a outros cultivos enerxéticos ou ao uso doutro tipo de biomasa xa que o seu cultivo pode darse en todo tipo de condicións (diferentes climas, tipos de auga, etc.) e a súa produción de biodiésel é moito maior que a obtida mediante o cultivo de plantas terrestres. A pesar das citadas vantaxes e de que o cultivo de microalgas constitúe unha fonte de combustible limpa, barata e de produción local que pode axudar a reducir a dependencia de España do petróleo estranxeiro, é necesario aínda un importante esforzo de investigación.

O día 4 de maio, Anxo Sánchez, catedrático de Enxeñería Química da Universidade de Vigo, presentou a situación actual e o traballo de investigación que está a desenvolver o seu grupo de investigación no aproveitamento enerxético das microalgas coa conferencia titulada “Energetic use of algae“.