O 11 de xaneiro ás 12 horas agardámosvos para conversar sobre variabilidade oceáno-climática co Dr. Jorge Valdés Saavedra do Instituto de Ciencias Naturales Alexander Von Humboldt (Universidad de Antofagasta) no Novo Salón de Graos da Facultade de Ciencias do Mar (Campus de Vigo).
O investigador ofrecerá unha charla titulada “Variabilidade océano-climática do último milenio no norte de Chile: unha aproximación desde o rexistro sedimentario”.
Non a perdades!
A actividade investigadora do CIM conta co apoio da Xunta de Galicia e a Unión Europea, a través do seu cofinanciamento ao abeiro do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.