Denominación do proxecto ou actividade: Liña de reforzo de traxectoria investigadora consolidada
Investigadora principal: Elena Ojea Fernández-Colmeiro
Liña de investigación: Adaptación ao cambio climático en sistemas de xestión de recursos mariños
Referencia: Excelencia-ED431F 2023/37
Departamento: X06 Economía aplicada
CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS
Tipo de contrato: Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da Ciencia). Duración indefinida
Número de prazas: 1
Traballo a realizar: Estudo dos determinantes nas respostas de adaptación e transformacións dos sistemas socio-ecolóxicos mariños ao cambio climático
Funcións a realizar: Espérase que a persoa candidata se matricule no programa de doutoramento DoMar e baixo a supervisión de Elena Ojea desenvolva a súa tesis doutoral no eido da avaliación das respostas de adaptación e transformación da pesca artesanal fronte ó cambio climático no marco do proxecto ATAC, nas tarefas 3.2 dos sistemas de organización da pesca, e nas tarefas 4.1 e 4.2 de análise e resultados para coñecer os determinantes das respostas de adaptación e transformación da pesca artesanal aos impactos de cambio climático. O/A candidato/a unirase a unha investigación multidisciplinar onde combinará ciencias naturais e sociais, incluindo compoñentes ecolóxicos, sociais e económicos. Baixo supervisión, levará a cabo tarefas correspondentes para ao desenvolvemento dunha tesis doutoral, por exemplo: deseño do plan de investigación, revisión bibliográfica, análisis de datos en R e outros, análise de casos de estudio de pesca artesanal con diferentes niveis de impacto do cambio climático (ex. Galicia, México, Xapón), dilucidar que factores determinan a adaptación ou transformación do sistema, participación en xornadas de comunicación cos actores principais do sector, estadías de investigación, conferencias, redacción de informes técnicos, publicaciones científicas, etc
Retribución bruta mensual: 1.800,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)
Data de inicio prevista: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma
Xornada laboral: Tempo completo (37.5 h/semana)
Categoría laboral: Técnico Superior de apoio á investigación modalidade B (Titulación Universitaria Superior)
Centro de traballo: Edificio Olimpia Valencia
Duración do contrato: indefinida
REQUISITOS E MÉRITOS DOS/AS CANDIDATOS/AS
Titulación requirida: Mestrado en ecoloxía mariña, recursos naturais, xestión e ciencias ambientais ou campos afíns
Méritos a valorar:
- Formación académica que permita matricularse nun programa de doutoramento no curso 2024-2025 e nivel
medio alto de inglés - Expediente académico competitivo para solicitar bolsas predoutorais. Os/as solicitantes terán que ter obtido o título de grado que da acceso aos estudios de doctorado en 2021 ou posterior. Idealmente a nota media (GPA) será de 8, GPA de 7,5 será estudiado
- Curriculum Vitae (breve, max.4pax). Experiencia no estudo de sistemas socio-ecolóxicos mariños, no estudo do cambio climático e nos seus efectos no medio mariño, no estudo da pesca artesanal e da súa adaptación fronte os impactos do cambio climático. Experiencia con aproximacions cuantitativas, estatisticas e de modelado da xestión de recursos mariños, xestión de pesqueiras, preferencia dos pescadores, meta-análises, análise de vulnerabilidade climática e/o deseño de Áreas Mariñas Protexidas. Experiencia en estudos cualitativos da xestión medioambiental, analise de actores principais, analises de preferencia, experiencia en programación en R ou similar, experiencia en GIS, en GitHub, e uso avanzado de Excel. Experiencia en publicacións científicas, presentación en congresos, capacidade de comunicar e divulgar resultados científicos a diferentes audiencias.
- Carta de motivación (en inglés, e de 500 palabras) explicando o interese en desenvolver un doctorado sobre o tema de investigación durante os próximos anos, e explicando a experiencia previa destacando as habilidades, coñecementos e aptitudes para o posto. Incluir a carta de motivación no mesmo PDF que o CV.
- Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente ós/ás 3 candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos.