O Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM) organiza a I Asamblea Anual CIMentos! Este evento científico, que se celebrará o 10 de novembro de 2023 no Campus de Vigo, busca unir a todo o persoal investigador do CIM, proporcionando un espazo onde poidan presentar os seus traballos, intercambiar ideas e establecer colaboracións.
Esta asamblea contribuirá a incentivar a creación de sinerxias e a interdisciplinariedade. Ao reunir a persoal investigador de diferentes áreas de especialización, abrirase a porta á colaboración multidisciplinaria, permitindo abordar problemas complexos desde múltiples perspectivas e promovendo solucións innovadoras.
Vén á I Asamblea Anual CIMentos e forma parte da vangarda da investigación mariña!