O venres 22 de Maio ás 11:30, Salvador Fojón, Jesús Herranz González-Botas e Gonzalo Montoto Veira presentarán no salón de actos da ECIMAT o libro “Accidentes e Enfermidades no Medio Acuático“
Despois de moitas inmersións e de moitos anos de traballo, os conferenciantes plasmaron neste libro as dúbidas médicas xurdidas baixo a auga. Nesta conferencia explicarannos os contidos do seu libro abordando varios temas sobre medicina subacuática que reuniron e aprenderon ao longo dos últimos anos. Ademais, os autores deleitarannos sobre as súas experiencias clínicas e docentes na patoloxía do mergullo.
Os autores puxeron moito esforzo, moito tempo e toda a ilusión. O resultado mereceu o apoio da prestixiosa editorial médica Panamericana, pero o fin último que desexan é que, despois de lelo, as nosas inmersións sexan un pouco máis seguras.
Esperamos que sexa do voso interese e agardamos a vosa asistencia.