VII Curso de Diagnóstico Patolóxico en Peixes

toute-ensemble-tiny

Entre os días 25 e 28 de Outubro de 2011, celebrouse na sede do Institut d´Estudis Cataláns en Barcelona, o Módulo Práctico do VII Curso de Diagnóstico Patolóxico en Peixes. O citado Curso, organizado polo Servizo de Diagnóstico Patolóxico de Peixes da UAB, pola Estación de Ciencias Mariñas de Toralla e pola empresa Skretting España, contou coa colaboración da Xarxa de Referencia de I+D+i en Aqüicultura da Generalitat de Catalunya e do Institut d´Estudis Catalans a través da súa filial a Societat Catalana de Biologia.

O Curso, que  conseguiu reunir a  máis de 65 participantes, patólogos de peces na súa maioría, con representación das principais empresas acuícolas e acuarios de exhibición a nivelestatal , empresas extranxeiras (Italia, Portugal, Reino Unido, China, Grecia) e investigadores, tratou os principais métodos de protocolización diagnóstica, ferramentas de diagnóstico e xestión dos resultados para poder mellorar a calidade das evaluacións sanitarias en poboacións de peixes.

Se trata da Edición máis multitudinaria que se tiña celebrado ata agora, e sentou as bases para futuras iniciativas que poden resultar moi interesantes no campo do estudo das patoloxías de peixes, empezando pola organización dun workshop práctico na Estación de Ciencias Mariñas de Toralla durante o primeiro cuatrimestre de 2012.

Máis información

www.cdpp.myhappyfish.com