Entre os vindeiros días 16 e 19 de Setembro vai ter lugar en Vigo a sexta Feira Mundial da Pesca, esta feira, líder no mundo da pesca, contará este ano coa celebración conxunta da Aquafarming 2009 adicada ao sector da acuicultura. A ECIMAT – Universidade de Vigo vai contar cun stand na Aquafarming 2009 no que se presentará a oferta científico tecnolóxica da nosa Universidade en materia de Acuicultura.
Os interesados en acudir á feira poden acreditarse gratuitamente ata o 6 de Setembro en http://acreditaciones.worldfishingexhibition.com/web/index_asistentes.cfm
Mais información http://www.worldfishingexhibition.com/