A investigadora do CIM Estefanía Paredes participou nun encontro internacional de criobioloxía en Washington

Nesta LXI edición do “Society for Criobiology” formou parte dunha mesa de presidentes

A investigadora do CIM e presidenta da Sociedade Española de Criobioloxía, Estefanía Paredes, formou parte na última semana de xullo dunha mesa de presidentes no encontro internacional “Society for Criobiology”. Nesta, tratáronse temas tales como a importancia da criobioloxía no desenvolvemento da ciencia ou da importancia da colaboración entre sociedades, entre moitos outros.

A mesa estaba composta por cargos de distintas entidades internacionais, tales como John Bischof, codirector de Advanced Technologies for the Preservation of Biological Systems (ATP_Bio);   Birgit Glassmacher, presidenta da Society for Low Temperature Biology (SLTB); Allison Hubel, presidenta da Society for Cryobiology; Estefanía Paredes, presidenta da Sociedade Española de Criobioloxìa (SECrio) e Dayong Gao, presidente da International Society for Biological and Environmental Repositories (ISBER). E estivo estivo moderada por Mehmet Toner, codirector de (ATP_Bio).

Pola súa parte, Paredes fixo fincapé no feito de que a Sociedade Española de Criobioloxía está comezando a súa andadura, destacando que, “hai un crecente movemento en España no que os investigadores están respaldando esta sociedade”. Ademais, a entidade contará a finais de ano cunha web propia.

A actividade investigadora do CIM conta co apoio da Xunta de Galicia e a Unión Europea, a través do seu cofinanciamento ao abeiro do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.