O CIM amosa o seu potencial en biotecnoloxía marina nos Galicia Biodays

O CIM amosa o seu potencial en biotecnoloxía marina nos Galicia Biodays

O Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo presentou os pormenores da rede europea de infraestruturas EMBRC, da rede de cooperación Marinnonet, da spin-off Ecolabo+ e do proxecto MytUniSex

O Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo está participar esta semana nos Galicia Biodays, o foro de referencia da industria biotecnolóxica para o Espazo Atlántico Europeo, organizado polo clúster Bioga. Este evento, ao que asistirán preto 1000 persoas, busca potenciar a transferencia de coñecemento e xerar novos proxectos nos diferentes ámbitos da biotecnoloxía, como os recursos mariños.

Presentacións e pósters

Ademais do posto informativo, o CIM presentou varios traballos con potencial de transferencia no espazo de pósters e dúas investigadoras realizarán pitches dos seus resultados próximos ao mercado no espazo Bioinvestors. En concreto, os pitches correrán a cargo de María Huete Ortega, xestora de proxectos europeos e oficial de enlace de EMBRC-España no CIM-UVigo, que afonda na innovación na fronteira da biotecnoloxía azul a través do Centro Europeo de Recursos Biológicos Marinos, e de Cynthia Gómez, que falará sobre a spin-off Ecolabo+, recentemente creada e centrada na avaliación da contaminación ambiental.

No que se refire aos pósters, ademais da información relativa ao Centro Europeo de Recursos Biolóxicos Mariños (EMBRC) e da spin-off Ecolabo+, tamén se afondará en Marinnonet, a rede trasnacional de cooperación en I+D+i no sector de la biotecnoloxía azul do CIM, e en MytUnisex, un proxecto do CIM sobre a produción e comercialización de liñas de mexillón unisex de interese comercial para os sectores acuícola e conserveiro.

A actividade investigadora do CIM conta cofinaciamento da Xunta de Galicia e a Unión Europea, a través dos Fondos Europeos (FEDER).

Fonte: DUVI