Conferencia “Effect of combined physical stressors on early development stages of Fucus serratus”, 16 de marzo na ECIMAT

foto

O xoves día 16 de marzo ás 11h, no salón de actos da ECIMAT, terá lugar unha nova sesión do Ciclo de Conferencias Café con Sal. Nesta ocasión será Óscar Álvarez, técnico de investigación da Universidad Rey Don Juan Carlos (URJC), quen nos presentará parte do seu traballo de investigación realizado en colaboración con Celia Olabarría (grupo de Ecoloxía Costeira) coa charla titulada “Effect of combined physical stressors on early development stages of one contracting target seaweed species, Fucus serratus“.

As especies do xénero Fucus, entre elas Fucus Serratus, son coñecidas como “especies fundadoras de comunidades intermareais”, pois proporcionan alimento e refuxio a outras especies de algas, invertebrados e peixes. Según estudios previos, esta especie atópase en declive na zona norte da Península Ibérica, debido ao quecemento do océano e aos períodos de estrés en momentos de marea baixa. As etapas temperás no ciclo de vida de F. Serratus son moi importantes para a persistencia da especie, xa que durante estes períodos son máis susceptibles ás condicións de estrés. Durante esta conferencia, Óscar Álvarez nos presentará as principais respostas ecofisiolóxicas de F. Serratus da zona atlántica e cantábrica da costa galega en diferentes etapas do seu ciclo de vida. A análise de ditas respostas podería axudar a entender mellor os factores que limitan a subsistencia da especie.

O traballo de investigación de Óscar, dirixido por Rosa María Viejo García e Brezo Martínez Díaz-Caneja (URJC), englóbase dentro do proxecto “Factores determinantes de las contracciones y expansiones en la distribución de especies fundadoras costeras: Mejorando las predicciones en escenarios de cambio climático”, que ten como obxectivo determinar os factores físicos e biolóxicos que inflúen nos límites de distribución das especies nativas en retracción e das invasoras en expansión co fin de mellorar as predicións sobre a distribución destas especies fronte ao cambio climático.

A conferencia será retransmitida en directo dende o canal de UvigoTV http://tv.uvigo.es/es/directo/1.html e posteriormente publicada nas nosas webs e redes sociais (​ECIMAT – Café con Sal, CampusdoMarTV e ​UvigoTV​).

Ver cartel da Conferencia e Programa Completo do Ciclo de Conferencias Café con Sal.