Cambio Global: A introdución de especies invasoras e a súa ameaza sobre os moluscos nativos

corbicula

A repercusión do incremento da temperatura do planeta, da introdución de especies exóticas e da perda da calidade das augas sobre as especies de moluscos nativos de auga doce son algúns dos aspectos que se abordan na tese doutoral que desenvolve Noé Ferreira-Rodríguez baixo a dirección da Catedrática de Ecoloxía da Universidade de Vigo Isabel Pardo.

Para levar a cabo este traballo, o equipo investigador do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo co apoio loxístico da ECIMAT, percorreu en primavera de 2014 os principais esteiros da comunidade galega: dende o Río Lérez, en Pontevedra, ata o Eo, na fronteira con Asturias, para baixar polo Miño dende Meira ata A Guarda, incluíndo o tramo galego do Río Sil dende O Barco de Valdeorras ata súa confluencia co Miño nos Peares.

Para máis información, preme aquí