O pasado xoves e venres días 25 e 26 de setembro celebrouse na ECIMAT unha xornada de traballo sobre delimitación de stocks pesqueiros “Delsfishstock Workshop”. Investigadores e profesionais procedentes de distintas organizacións europeas (European Comision JRC-Ispra, FAO, University of Southampton, Universidade de Lisboa, CSIC-IIM e IEO) presentaron os principais métodos e criterios de cada unha das disciplinas relacionadas coa definición e e delimitación de stocks: bioloxía mariña, ecoloxía, xenética, parasitoloxía, xeoquímica, oceanografía, sistemas de xeoreferenciación e seguemento (GIS-Tag), xestión, política, etc.
Tras dous días de conferencias e debates o comité científico concluíu que a definición previa da estructura das metapoboacións é clave para a construción dos modelos de xestión dos stocks. Os científicos aseguraron que para a identificación de ditas estructuras o uso dunha ferramenta aillada é insuficiente debido á alta complexidade que a delimitación dun stock pesqueiro supon e que, polo tanto, é necesario un enfoque multidisciplinar no que as ferramentas dispoñibles se complementen e permitan a delimitación na sua máxima resolución.
A elevada calidade dos ponentes e a excelente organización deron como resultado unha xornada de traballo moi exitosa na que se crearon os vínculos necesarios para traballar na delimitación de stocks pesqueiros a través dun enfoque multidisciplinar.
Para mais información visite a páxina web http://ephyslab.uvigo.es/DelFishStock/