De cara a facilitar o acceso a actividades de formación específicas para persoal de investigación, desde a Agrupación Estratéxica Oceano-Ecimat (AOE) estase a traballar na organización de accións formativas que podan ser de interese para os investigadores do Agrupamento.
Concretamente, existe a posibilidade de organizar en datas vindeiras cursos nas seguintes materias:
– Métodos Estatísticos con R.
– Scientific Writing.
– Xestión de Proxectos Europeos.
– Sistemas de Información Xeográfica.
Ademáis avaliarase a posibilidade de organizar calquera outra actividade formativa que sexa de interese para os investigadores do agrupamento.
De cara a recoller opinións acerca de posibles accións formativas de interese, invítase aos membros dos grupos de investigación da AOE a cumplimentar a seguinte ENQUISA.