Artigo Inaugural do Blog OcéanoEcimat

choco

OcéanoEcimat ven de poñer en marcha unha serie de medidas co obxectivo de facilitar a divulgación á sociedade do coñecemento xerado pola actividade investigadora dos ciéntificos da Agrupación, tentamos con elo abrir unha porta á investigación que se leva a cabo na ECIMAT e nos grupos de investigación da Agrupación á nosa contorna utilizando as novas tecnoloxías e medios dixitais.

Entre esas medidas, presentamos hoxe o primeiro artigo publicado no Blog da Agrupación, baixo o título “Crecemento Sustentable e Ciencia Mariña”, o Coordinador da Agrupación, Ricardo Beiras, aporta a súa visión acerca dos retos aos que nos enfrontamos no referente á explotación dos recursos mariños, especialmente nunha terra coma Galicia, da que o mar é sinal de identidade.

O Blog OceanoEcimat, además de espazo de divulgación pretende ser un lugar de intercambio de opinións, que promoba o debate científico e tecnolóxico e que faga máis corta a distancia que separa o traballo dos nosos científicos da sociedade. Nel os nosos investigadores aportarán a súa visión acerca de temas de actualidade en temas relacionados coa investigación mariña.

Visitadeo en http://oceanoecimat.wordpress.com/