Xa está dispoñible na ECIMAT un novo CTD perfilador para investigción costeira. Trátase dun CTD modelo SBE 25 plus, apto para mostraxes ata profundidades de 100 m e cunha tasa de mostraxe de 16 datos por segundo. Estas características fan que se trata dun equipo idóneo para a realización de perfís verticais, xa que que a sua elevada tasa de mostraxe permite obter unha gran resolución espacial para a detección de gradientes e estructuras oceanográficas.
Este equipo, ademáis de contar cos sensores habituais de temperatura, conductividade e presión, dispón tamén de sensores de osíxeno disolto, clorofila a e turbidez, existindo a opción de engadir novos sensores auxiliares.
As dimensións deste equipo (96,5 x 27,9 x 30,5 cm) e o seu reducido peso (aprox. 22.5 kg) fan que este CTD sexa manexable prácticamente dende calqueira embarcación equipada cunha pequena grúa, sendo necesario para o seu manexo a presencia dun técnico especializado