Hoxe, 23 de outubro de 2012 instalouse no pantalán da ECIMAT a estrutura que albergará a electrónica da nova Estación de Observación Oceanográfica da Illa de Toralla. Este investimento coordinado polo Equipo de Oceanografía Física e con financiamento procedente da Convocatoria de Axudas para a Consolidación e Estruturación de Unidades de Investigación Competitivas do SUG (Consellería de Educación – Xunta de Galicia; Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional), permitirá á ECIMAT ter información en tempo real acerca de variables meteoroloxicas e oceanográficas, e poñer a disposición de toda a comunidade investigadora esta información a través da web www.ecimat.org.
Primeira “Pedra” da Estación de Observación Oceanográfica de Toralla
