Concesión das Axudas do Programa de Consolidación 2012

logo-aeoe-tny

Hoxe, 10 de outubro de 2012, publicouse no Diario Oficial de Galicia, a resolución pola cal concédese á Agrupación Estratéxica Oceanografía-ECIMAT a axuda solicitada ao Programa de Consolidación e Estruturación de Unidades de Investigación Competitivas do Sistema Universitario Galego, promovido pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia e Financiado coa colaboración do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. A devandita axuda, permitirá á ECIMAT continuar a ser núcleo vertebrador e promotor do intercambio e a cooperación entre os grupos de investigación mariña desta Universidade, como consecuencia de compartir non só infraestruturas senón tamén espazos físicos no Centro.

De cara a artellar o potencial Investigador da Agrupación, creáronse catro Unidades Científicas, designadas en relación coas infraestruturas compartidas e as areas de coñecemento nas que se enmarca o traballo dos seus integrantes. As unidades son as seguintes.

– Acuicultura
– Medio Mariño
– Oceanografía Biolóxica
– Ciencias da Terra Oceanografía

Os investigadores da Unidade de Acuicultura da Agrupación, en colaboración con investigadores externos, traballan directamente en cinco das seis liñas de actuación marcadas pola análise estratéxica do sector acuícola realizada pola Plataforma Galega da Pesca e da Acuicultura.

Coma exemplo da actividade investigadora da Unidade de Medio Mariño nos últimos anos, se atopan traballos que culminaron coa publicación en medios de máximo impacto coma Science ou Nature, en medios de divulgación científica coma National Geographic, Discovery, etc, así coma en medios xerais coma a BBC, New York Times, El pais, RTVE, etc.

Os científicos da Unidade de Oceanografía Biolóxica da Agrupación investigan acerca da ecoloxía e o rol bioxeoquímico do micro?plancton mariño, a diversidade do fitoplancton, estrutura de tallas e produtividade, fixación de nitróxeno, calcificación e o balance metabólico da comunidade microplanctónica. O obxectivo final destas investigacións é o entendimento da relación entre forzamento mediaombiental, a composición e estrutura das comunidades planctónicas e os ciclos bioxeoquímicos dos elementos nas capas superiores do océano.

Os científicos da Unidade de Ciencias da Terra, levan a cabo a súa actividade investigadora en diferentes áreas da Oceanografía Xeolóxica Mariña, coma a sedimentoloxía, dinámica sedimentaria e enxeñería costeira, xeoquímica e petroloxía, magnetismo, interpretación e prospección sísmica. Este plantexamentto lles permite afrontar o estudo da xeoloxía mariña dende unha perspectiva moi amplia, con especial interese no paleoclima e impacto medioambiental. Unha das súas principais características é o empleo de técnicas de vangarda para resolver problemas no estudo daxeoloxía mariña, o cal contribuiu de cara a desenvolver unha metodoloxía única en Oceanografía Xeolóxica.

federpeq