Durante o curso 2011/12 o colexio Alborada baixo a tutoría do profesor Alberto García desenvolveu un programa de investigación a nivel da ESO gracias á colaboración e a cesión de espacios da ECIMAT (aula de divulgación e pantalán). Con este proxecto os alumnos estudiaron as sucesións ecolóxicas mariñas, comparando os resultados obtidos da Illa de Toralla e o porto de Bouzas e a biodiversidade de ambas localidades, identificando bioindicadores e definindo as posibilidades de explotación de determinadas especies. Este estudio realizouse mediante o fondeo de captadores de sucesión ecolóxica durante seis meses nas dúas localidades. Os captadores foron mostrexados e analizados mensualmente. Estos traballos foron presentados no colexio e, de ser aceptados, serán presentados en ferias de Ciencia (Galiciencia, Exporeçerca, eta.)