Semana da Ciencia 2009
O LITORAL MARIÑO DE TORALLA FRONTEIRA NA EVOLUCIÓN
Datas: do 13 ao 20 de novembro
Lugar: ECIMAT – Illa de Toralla, Coruxo, Vigo
Resumo da actividade:
No ano de Darwin queremos facer unhas xornadas que vinculen este acontecemento con o coñecemento do medio mariño. Para elo escollimos o litoral mariño como lugar de transito de innumerables especies, que evolucionaron deixando o mar para colonizar o medio terrestre e de especies que voltaron o mar. E onde os animais e vexetais tiveron que adaptarse para habitar un medio tan hostil, con subidas e baixadas do mar, con ondaxe, desecación e insolación, o frío do inverno durante a marea baixa…
Os obxectivos que nos marcamos son os seguintes:
Acercar as alumnas/os dos colexios de Vigo ao coñecemento do medio mariño, mediante un percorrido polo intermareal. Comunicar a importancia que tivo o litoral na evolución das especies mariñas e terrestres, e a adaptación ó litoral das especies actuais.
As actividades programadas terán lugar entre os días 13 ao 20 de novembro (agás a fin de semana) nas instalacións da ECIMAT na Illa de Toralla, en horario de 10 a 14 h.
Polo contido do programa e a capacidade das nosas instalacións, decidimos que a idade das alumnas/os que participen nas xornadas estea comprendida entre os 10 e os 17 anos e que o grupo estea formado por un máximo de 40 alumnas/os.
Tfno. Reservas: 986815713
As xornadas constan das seguintes actividades:
- Visitas didácticas ao entorno de Toralla, Rochas de baixamar e praia de baixamar.
- Visitas didácticas onde o vehículo principal sexa a adaptación das especies que viven no litoral.
- Obradoiro mariño: Onde os alumnos observarán as mostras recollidas no litoral e faranse actividades relaciondas ca adpatación das especies mariñas.
- Exposición “O Litoral de Toralla, Fronteira na Evolución”, de acuarios no que as adaptacións ao medio teñan un lugar predominante: Adaptacións ó ondaxe, a desecación, animais e algas que viven nas charcas de marea, animais que visitan o litoral na marea alta… Composta por acuarios e paneis explicativos sobre o papel do litoral na evolución das especies mariñas e terrestres.