XORNADAS DIVULGATIVAS NA ECIMAT 2009
Despois do éxito da Semana da Ciencia 2008, chegan á ECIMAT unhas novas xornadas de divulgación científica para estudiantes da bisbarra de Vigo, tituladas “As cores do mar de Toralla”, organizadas pola Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo.
As xornadas desenvolveranse na Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, entre o 25 e o 29 de maio e o 8 e o 12 de xuño de 2009.
Os centros de ensino interesados nas xornadas aínda poden contactar coa Unidade de Cultura Científica para solicitar a súa participación.