Xestor/a de proxectos – LABPLAS H2020 – Ecotox

O equipo de “Ecotoxicoloxía e Contaminación Mariña” (Ecotox, www.ecotox.gal) do grupo “Ecoloxía  Costeira” (EcoCost, CIM-UVigo), oferta un contrato de xestor/a para coordinar o proxecto europeo  H2020 “LABPLAS – LAnd-Based solutions for PLAStics in the Sea”, financiado pola Conmisión Europea baixo o programa H2020.

Condicións do contrato

  • Duración: 2 anos, prorrogable (período de proba de 6 meses)
  • Dedicación: tempo completo (40  h / semana) a partir de xuño de 2021
  • Salario: ata 35.000 € / ano (salario bruto) en función da titulación

Tarefas

  • Xestión do Proxecto  LABPLAS H2020:
  • Comunicacións e reunións con outros socios para dar seguimento a fitos e entregables.
  • Asistencia ao Coordinador do Proxecto
  • Administración de proxectos, contabilidade de proxectos, contacto con provedores.

Requisitos

  • Experiencia en xestión da investigación en contornas internacionais.
  • Excelentes habilidades de comunicación
  • Nivel alto de inglés e español (falante fluído)
  • Alto grao de organización e liderazgo
  • Valorarase o coñecemento en edición web.

Solicitude

As persoas solicitantes deben enviar CV e carta de motivación, datos de contacto e dúas referencias ao correo rbeiras@uvigo.gal indicando no asunto do correo electrónico a referencia:  LABPLAS- Ecotox PM. Tamaño máximo total dos documentos adxuntos: 5  MB.

Data límite: 25 de abril de 2021

Máis información

EURAXESS (offer id: 624890)