O Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo ofrece un contrato de técnico de apoio á investigación para o reforzo da liña de investigación «Acuicultura e Explotación Sostible de Recursos», para desenvolver a estudo da importancia da fanerógama mariña Zostera Noltei no marisqueo a pé.
Condicións xerais:
- Duración: 4 meses
- Data prevista de inicio: Entre o 1 abril e o 31 de xullo de 2021.
- Xornada de traballo: Tempo parcial
- Lugar de traballo: Facultade de Ciencias do Mar, Universidade de Vigo.
Requisitos:
- Grao ou licenciatura en Ciencias do Mar ou Bioloxía.
- Experiencia acreditada en traballo de laboratorio e campo en bioloxía e ecoloxía de ameixas e Zostera
- Experiencia na toma de medicións fisiolóxicas de ameixas en experimentos de manipulación de mesocosmos
Criterios de valoración:
- Experiencia acreditada no tema obxecto da praza (60%): adecuación do CV ás tarefas a realizar
- Formación: 10%
- Entrevista: 30%
Solicitude
As persoas candidatas deben enviar a solicitude en modelo normalizado (Anexo II) e CV con indicación expresa dos méritos solicitados a colabarria@uvigo.es.
Data límite: 4 de marzo ás 15h.
Nos seguintes enlaces pode consultar a convocatoria, na que se describen os requisitos dos solicitantes, o procedemento de selección e as características das prazas ofertadas, e o documento de solicitude (Anexo II):
Resolución
- Listado provisional de admitidas/os e excluídas/os (PDF, 274 KB)
- Listado definitivo de admitidas/os e excluídas/os (PDF, 276 KB)
- Listaxe provisional de adxudicación (PDF, 283 KB)
- Listaxe definitiva de adxudicación (PDF, 209 KB)