O grupo de Química Analítica Ambiental e Toxicoloxía pertencente ao Departamento de Química Analítica e Alimentaria, e ao Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo oferta un contrato predoutoral con cargo ao proxecto I+D+i titulado: Sistemas analíticos innovadores basados en receptores nanoestructurados sobre sustratos (nano)celulósicos para la detección de sustancias de interés medioambiental (Convocatoria Retos Investigación, Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, Ref. RTI2018-093697- B-I00).
Descrición do traballo
Desenvolvemento de métodos analíticos innovadores (sensores, instrumentos portátiles, plataformas de preconcentración, etc.) para a detección de contaminantes emerxentes no medio mariño.
Condicións do contrato
- Tipo de contrato: tempo parcial (20 h/semana)
- Duración: 6 meses prorrogables.
- Retribución bruta mensual aprox.: 800 €
- Lugar de traballo: Facultade de Química, Campus de Vigo
Requisitos dos/as candidatos/as:
- Posuír un grao en Química ou outras titulacións afíns.
- Valorarase a experiencia en técnicas de análises, tratamento de mostra e aplicacións no medio ambiente mariño.
Presentación de soicitudes
As persoas interesadas deben enviar o seu CV completo en formato pdf á dirección de correo electrónico bendicho@uvigo.es indicando referénciaa CV_ PAPERSEN_PRIMEIRO APELIDO_NOME no asunto da mensaxe.
Data límite de recepción de solicitudes: 26 de Xuño de 2020
Proceso de selección
Unha comisión de selección formada por tres investigadores do grupo valorará os méritos presentados polos/as aspirantes, de acordo aos seguintes criterios:
- Expediente académico (50%)
- Experiencia nas actividades ofertadas (30%)
- Outros méritos: 10%
- Entrevista: 10%
Unha vez finalizado o proceso de selección, notificaranse os resultados definitivos aos aspirantes a través de correo electrónico.